RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA B con varias ausencias non pode co Olímpico de León e cede o liderado da Tercera Federación

O Dépor ABANCA B con varias ausencias como Paula Novo, Carmen Carballada, Lucía Rivas ou Sara Cercido, lesionada nun menisco, non puido co Olímpico de León (0-1) en Abegondo en partido correspondente á 22ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación.

Decidiu o encontro un gol leonés no minuto 21, nun partido de poder a poder.

Óscar Orro puido contar iso si con Dunia Dahmouni após o seu paso pola selección de Marrocos sub-20 con motivo dun torneo amigable en Turquía a pasada semana.

Con este resultado, o filial deportivista cae á 3ª posición por detrás do Olímpico de León (1º con 57 puntos) e do RC Celta (2º con 56 puntos).

Dépor ABANCA B: Antia Veiga, Elena Vazquez, Laura Ruiz, Redru, Noe Mayo, Lucía Mariño, Anfal El Yamani, Paula Monteagudo, Vázquez, Michi Apostol e Yanís Citoula. Tamén xogaron: Dunia Dahmouni, Laura Otero e Emma Gandoy

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao RC Celta nun partido que se xogará o sábado 8 de marzo ás 19:00 no Estadio ABANCA-Balaídos.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)
Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0
Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC Celta 1
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA 12 (Anfal El Yamani -6-, Noe Mayo, Paula Novo -2-, Dunia Dahmouni -2- e Ana Capelo) - Bergantiños CF 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-) - PM Friol 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 6 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero -2-, Michi Apóstol e Noe Mayo) - CD Bovedana 0
CD Parquesol 0 - Deportivo ABANCA B 9 (Michi Apóstol -2-, Sara Cercido, Paula Novo -2-, Elena Vázquez, Ana Capelo, Redru e Yanís Citoula)
Deportivo ABANCA B 3 (Michi Apóstol -2- e Laura Otero) - CD Villa de Simancas 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Paula Novo, Anfal El Yamani e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Laura Otero e Vázquez) - Sárdoma CF 1
CD Lugo 0 -  Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 8 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani -3-, Lucía Mariño -2-, Laura Otero e Yanis Citoula) - Sporting de Gijón B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 1