RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA "con ganas de competir" pon desde esta mañá rumbo a Lezama

O Dépor ABANCA pon desde hoxe martes rumbo a Lezama, escenario do próximo encontro de Liga F, o domingo 30 de marzo ás 12:00 (Dazn, Gol Play e TVG).

Os resultados da última xornada, co empate ante o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa, deixaron ás Nosas con 23 puntos na 13ª posición.

Fran Alonso asegurou o pasado sábado na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "unha cousa que estamos a ter boa é que a pesar da calidade dos rivais cos que nos estamos enfrontando fóra imos coa actitude de tentar gañar".

O técnico deportivista puxo como exemplo o triunfo en Zubieta ante a Real Sociedad ou o empate no Estadio Alfredo Di Stéfano ante o Real Madrid CF, "equipos de nivel Champions, dos mellores que hai en España e si que imos coas ganas de competir".

Advirte que o Athletic "está nun momento espectacular sobre todo en casa. Está nesa loita pola zona Champions. Xóganllo todo como nolo xogamos nós, pero imos con ganas e con confianza a pesar da calidade do rival".

Cre que "se seguimos con esta dinámica temos posibilidades de traernos algo positivo".

Con outro parón á volta do partido no País Vasco, Fran Alonso apunta que "nos vén ben para recuperar pernas porque nós para sacar puntos temos que traballar moito, temos que dalo todo en moitos partidos".

O corpo técnico disporá de 5 sesións de traballo matinais en Abegondo. A do sábado 29 adiántase media hora, das 11:00 pasa ás 10:30 porque, ao concluír, As Nosas emprenden viaxe a Bilbao.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 25 de marzo
11:00 h.

Mércores 26 de marzo
11:00 h.

Xoves 27 de marzo
11:00 h.

Venres 28 de marzo
11:00 h.

Sábado 29 de marzo
10:30 h.

Domingo 30 de marzo
12:00: Athletic Club - Deportivo ABANCA, en Lezama