RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor ABANCA "ilusionado" e "confiado en facer un bo partido" estréase en Liga F ante o FC Badalona Women este sábado en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR ABANCA · 29 AGOSTO 2025

UN DÉPOR ABANCA "ILUSIONADO" E "CONFIADO EN FACER UN BO PARTIDO" ESTRÉASE EN LIGA F ANTE O FC BADALONA WOMEN ESTE SÁBADO EN ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA estréase en Liga F esta temporada este sábado 30 de agosto en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas, Dazn) ante o FC Badalona Women."Estamos moi ilusionadas", asegura Fran Alonso ante os medios de comunicación. "Encima debutar en ABANCA-RIAZOR parécenos espectacular; así que desexando que chegue mañá e confiadas en poder facer un bo partido", engadiu.As Nosas chegan coas baixas por lesión de Millene e Vera Martínez; e despois dun verán no que se incorporaron xogadoras como Espe Pizarro, Marisa, Sara Extremera, Colette Cavanagh e Merle Barth; ademais de reter ao talento de Olaya, Marina Artero e Inês Pereira.O técnico restou importancia ás dúas ausencias porque "temos un cadro moi amplo. Somos 25 xogadores de campo, 27 con Millene e Vera, as únicas que non están dispoñibles. Hai moita competencia. As dúas están na última fase. Millene xa estivo en campo esta semana e Vera creo que empeza a semana que vén. Moi pronto as poderemos ver no céspede", subliñou.A maiores, o Club confirmou que dúas insignias de ANOSACANTEIRA, Paula Monteagudo e Elena, son xogadoras do primeiro equipo para todos os efectos.A pretemporada deixou ademais a irrupción doutra canteirá, Paula Redruello 'Redru'. Habitual nos amigables, esta centrocampista que mesmo chegou a xogar de central, anotou 2 tantos.

O balance do verán do Depor ABANCA foi de 3 triunfos, 2 derrotas e 1 empate, con 13 goles a favor e 5 en contra.Os rivais foron de Primera División de España (Athletic Club e Costa Adeje Tenerife) e de Portugal (SC Braga e Sporting CP); ademais do CA Osasuna, que milita en Primera Federación."Foi unha boa pretemporada en canto a xogo, en canto ás novas incorporacións, a integración, a rápida readaptación... grazas a que temos un moi bo vestiario. Estou bastante contento", reflexionou Fran Alonso.Pola súa banda, o FC Badalona Women chega ao choque após derrotar no seu últime test estival ao Olympique de Marsella por 1-0.Anteriormente as catalás caeron co FC Barcelona (1-0) na final da Copa Catalunya; e venceron por 1-0 ao RCD Espanyol.Concluído o encontro, As Nosas adestraranse de novo en Abegondo o domingo 31 de agosto ás 10:30.