RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor cos ánimos xenial aumenta o ritmo de traballo na súa segunda sesión após o parón do Nadal

O Dépor aumenta progresivamente o ritmo de traballo na segunda sesión en Abegondo despois do descanso do Nadal.

Os branquiazuis, despois dunha activación con roda de pases, realizaron un exercicio táctico ofensivo antes de pasar ao fútbol reducido, de alta intensidade.

David Mella asegurou na sala de prensa que no vestiario deportivista "os ánimos están xenial" e insiste en que o equipo "está a traballar moi ben e os resultados son enganosos porque eu creo que estamos a dar un bo rendemento no campo, estamos a ser mellores".

Estiveron esta mañá con traballo personalizado Berto Cayarga, Jaime e Barbero; ademais Retuerta, en repouso deportivo.

Rubén, Mella, Iano Simão, Kevin, Marc e Brais Suárez foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres Os Nosos repiten sesión en Abegondo a partir das 11:00.