RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un gran Deportivo ABANCA B desarbola ao líder Real Avilés CF

Un gran Deportivo ABANCA B impúxose con claridade (3-0) ao líder Real Avilés CF en Abegondo en partido correspondente á 28ª xornada, antepenúltima, en Tercera Federación FutFem.

Despois dun brillante partido, foron decisivos os goles de Paula Monteagudo -2- no seu cuarto partido consecutivo marcando, e Noela, a pesar de que viaxaron co primeiro equipo a Albacete, xunto a Lucía Rivas, Paula Novo, Elena Vázquez e Carmen Carballada; e pasáronse a noite anterior no autocar de volta. Todas elas foron titulares.

Por contra foi baixa Michi Apóstol, concentrada con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20 en Ecuador.

As asturianas, que sufriron a súa segunda derrota da temporada, teñen 72 puntos e manteñen 6 puntos de vantaxe sobre as deportivistas, con 66; e con 6 en xogo. Por conseguinte, terán que sumar polo menos un punto nos dous partidos que restan para lograr o título posto que o golaverage particular favorece ás branquiazuis: 3-1 en Avilés e o citado 3-0 en Abegondo.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Novo, Elena Vázquez, Noelia Mayo, Carmen Carballada, Marta Rico, Sara Cercido, Lucía Mariño, Lucía Rivas, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Laura Otero, Laura Testa e Macarena González.

A próxima fin de semana, o conxunto que prepara Óscar Orro visita ao UD Mos. Será baixa neste final de liga Lucía Rivas, que se concentrou hoxe luns coa selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) para preparar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría que se xogará en Suecia este mes de maio.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1
Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1
Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)
Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 1
CD Bovedana 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo -2-) - Olímpico de León 2
PM Friol 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo -2- e Noela) - Real Avilés CF 0