RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Xuvenil A espeso queda sen gol ante a SD Compostela

Un Xuvenil A espeso en ataque quedou sen gol (0-0) no seu partido en Abegondo ante a SD Compostela, correspondente á 15ª xornada na División de Honra e última en casa neste ano 2021.

Sen dúbida os pupilos de Manuel Pablo acusaron a longa viaxe e o desgaste físico do partido en Israel ante o Maccabi Haifa do pasado mércores 8 que supuxo, a pesar da derrota, o pase dos branquiazuis ao playoff da UEFA Youth League.

Así, ante os santiagueses foi o primeiro partido no que vai de temporada ligueira que o Xuvenil A non perforou a portería rival.

Con este marcador, o equipo deportivista é segundo na táboa con 36 puntos, a cinco puntos do RC Celta, líder con 41 puntos.

Xuvenil A: Ríos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Seydiba, Mato, Embid, Mardones, Hugo Baldomar, Trigo, Diego e Padín. Tamén xogaron: Rubén, Álex González, Manu Rivas e Nacho.

A próxima fin de semana, o vixente campión de España pechará un histórico 2021 coa visita ao terceiro clasificado, o Real Racing Club. Os cántabros marchan con 31 puntos.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)
Xuvenil A 4 (Diego Gómez -2-, Jairo e Padín) - ED Val Miñor Nigrán 0
Ural Español CF 0 - Xuvenil A 1 (Martín Ochoa)
Xuvenil A 0 - SD Compostela 0