
DÉPOR ABANCA · 29 NOVEMBRO 2025
UNHAS MOLESTIAS MUSCULARES APARTARON A ESPE PIZARRO DO PARTIDO DE URUGUAI EN PARAGUAI DA LIGA DE NACIONES
Esperanza Pizarro está concentrada con Uruguai para disputar dous partidos pertencentes á CONMEBOL Liga de Naciones.No entanto, a atacante branquiazul non puido ser convocada ante Paraguai en Asunción (a pasada madrugada en Galicia) ao sufrir unhas molestias musculares.Agora os médicos da Asociación Uruguaia de Fútbol, en coordinación cos Servizos Médicos do RC Deportivo, avaliarán o estado da futbolista branquiazul.O choque foi para Paraguai por 1-0, resultado que deixa ás uruguaias en 8ª posición da táboa con 2 puntos.O segundo partido será este martes 2 de diciembre en Montevideo ante Ecuador.O calendario de Espe Pizarro nesta xanela FIFA, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:Venres 28 de novembroPARAGUAI 1 - URUGUAI 0Martes 2 de decembro18:00 (hora local, 22:00 hora galega): URUGUAI - ECUADOR, no Estadio Parque Viera (Montevideo)Até a data, a atacante deportivista leva 3 partidos en Liga F co Dépor ABANCA, 2 deles como titular.

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...