RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Valencia - Deportivo<br>Suspéndese o partido

A Valencia - Deportivo, encontro de volta de cuartos de final de Copa do Rei, foi suspendido polo colexiado no minuto 44 da primeira parte tras sufrir un xuíz de liña o impacto na cara dun obxecto lanzado aparentemente desde a bancada de Mestalla. O Depo

Aparentemente cae un obxecto xusto cando marca Vila. O xuíz de liña cae de xeonllos e dóese da cella, aberta e sangrando. Achégaselle o árbitro principal e xuntos emprenden o camiño cara ao vestiario. Megía Dávila indica co dedo índice o túnel de vestiarios e di "ímonos". Suspéndese o partido.

O ambiente estaba caldeado en Mestalla e a expulsión de Marchena ao dez minutos de xogo quentou os ánimos dos afeccionados que protestaron a decisión de Megía Dávila.
O Deportivo presionou ben no primeiro tempo disputado pero non aproveitou a súa superioridade e a Valencia, en marcaba ao fío do descanso o gol que empataba a eliminatoria ata o momento. Vila nun gran rexeite sorprendía a Molina e igualaba a contenda. A partir de aí, confusión, sorpresa e definitivamente, suspensión do partido porque tras a xogada un árbitro asistente sofre o impacto de algo sobre o seu ollo, sangra e ao avisar a Megía Dávila este sinala o túnel de vestiarios..

O equipo deportivista regresa esta noite á cidade herculina no voo chárter que tiña previsto. O xoves o persoal traballará ao seis da tarde na cidade deportiva de Abegondo.