RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Viaxe a Castelló

Hai 25 anos no xornal galego La Voz de Galicia, era noticia a viaxe do equipo coruñes. Partirá ás dúas e media da tarde desde o aeroporto de Labacolla o seu desprazamento a Castelló.

Cubrirá por vía aérea as etapas entre Santiago - Madrid e Madrid - Valencia, para despois, por estrada, trasladarse ata a capital a conseguir o seu obxectivo, que por suposto é tratar de eliminar os dous negativos, aínda que desde logo, o empate tamén sería ben recibido polos afeccionados.

Os deportivistas adestráronse onte ás ordes de Arza o cal non descubriu os seus plans.

A dobre vitoria sobre o Xetafe e Plasencia significou unha boa inxección de moral para os xogadores do Deportivo. Coincidindo todos que a saída a Castelló pode proporcionar algunha renda. Por outra banda Arza manifestou: "os mozos queren, non só xogar ben, senón o que é máis importante, puntuar".