RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Villares cre que non podemos conceder eses remates e Balenziaga lembra que estamos en moi boa dinámica

Diego Villares e Mikel Balenziaga pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O centrocampista lucense cre que "che empatan na última xogada e é difícil de dixerir un resultado así. Vas gañando 2-0 e esas 2 xogadas a balón parado temos que miralas un pouco".

Advirte que "non podemos conceder eses remates" e lamentouse que o seu gol "non servise para levarnos os 3 puntos. A seguir traballando".

Villares admite que "che someten tanto con balón que a segunda parte fáiseche longa e o equipo sofre porque non está afeito pasar tanto tempo sen balón".

Finalmente subliña que "era difícil tantos partidos seguidos gañando. Todo o mundo aperta cando está a chegar o final".

Pola súa banda, Mikel Balenziaga confesou que "cando te empatan no último minuto doe. Fixemos unha boa primeira parte. Tiñámonos que ir ao descanso cunha vantaxe máis folgada. Non puido ser. Na segunda é verdade que houbo momentos nos que eles nos quitaron o balón. Isto é fútbol. Non estivemos contundentes nas áreas. Tivemos para sentenciar o partido e en dúas xogadas a balón parado empatáronnos. Custa gañar, hoxe viuse. O que temos que facer é seguir adiante, estamos en moi boa dinámica e o martes empezar de novo a preparar ese partido contra o Sestao".

O lateral zurdo branquiazul sostén que "quereriamos estar nesta situación na que estamos agora mesmo. Hai que sacar o lado positivo sempre. Estamos nunha boa dinámica, estamos primeiros, dependemos de nós, agora imos a Sestao a por outros 3 puntos e despois, co seguinte partido, igual".

Finalmente apunta que "custa gañar, os rivais saben como xogarnos. Hoxe non foi a mellor segunda parte que xogamos pero seguimos sendo moi optimistas, estamos no camiño, falta moi pouquiño e hai que seguir gañando partidos para lograr o obxectivo".