RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Vos Nosos, "contentos co momento que estamos a vivir", ensaiaron no campo 2 a visita deste domingo a ABANCA-RIAZOR do AD Ceuta FC

Un exercicio táctico en espazos amplos no campo 2 do Dépor Training Center foi a tarefa principal do Dépor este frío mércores 20 de novembro orientada á visita do AD Ceuta FC a ABANCA-RIAZOR deste domingo 23 de novembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).

Giacomo Quagliata alerta da "moita motivación que terán por gañar nun estadio como ABANCA-RIAZOR pero afrontamos o encontro como a semana. Traballamos duro para conseguir o máximo resultado".

A xornada arrincou cunha activación con finalizacións e unha tarefa de transicións ataque-defensa supervisada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

O defensor italiano asegura que "estamos contentos co momento que estamos a vivir pero o importante é seguir así, por este camiño".

Quagliata coincide con moitos dos seus compañeiros ao subliñar que "o campionato é longo e estamos a traballar para seguir así".

Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann e Quagliata estiveron hoxe con adestramento personalizado.

Pola súa banda, Brais Suárez, Hugo Ríos, Nájera, Quique Teijo e Samu foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este venres 21 de novembro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.