RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

William: "Non imos ascender nin agora nin de aquí a un mes, imos ascender facendo as cousas ben até o final"

William de Camargo afirmou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que, trala vitoria do pasado domingo en Las Gaunas ante o UD Logroñés, "estamos contentos porque gañamos a un rival directo, pero os tres puntos son iguais que os do Extremadura UD agora que vén. Estamos contentos, pero metidos no que sabemos que debemos facer, que é gañar cada cada fin de semana".

A nivel individual, o atacante deportivista afirma atoparse "moi ben, moi adaptado no club e moi contento".

Deixa claro que lle dá igual xogar en banda dereita ou esquerda aínda que "teño preferencia de xogar na esquerda porque así me meto cara adentro e podo buscar a situación de golpeo. Pero dá igual onde sexa, onde me poña quero estar a xogar e xogando ben".

Admite que "escoita cousas, saen moitas cousas" sobre os problemas extradeportivos que atravesa o Extremadura UD, rival do Deportivo este domingo 14 de novembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Footters), "pero estamos metidos no noso. É unha semana normal, estamos a traballar pensando no rival e queremos sacar os tres puntos. Só estamos metidos niso".

O futbolista branquiazul imaxinábase este bo comezo ligueiro do conxunto branquiazul, líder en solitario do grupo 1º de RFEF con 23 puntos, porque "temos unha moi bo cadro, con todo o respecto aos rivais. Temos que manter a constancia. Tamén estou moi contento co meu rendemento, pero sempre buscando mellorar algo que teño que mellorar e se que podo dar aínda máis nivel para axudar ao equipo".

Nesta liña, apunta que o obxectivo do Deportivo é "manter a constancia durante a competición. É iso o que nos vai a levar a estar primeiros cando acabe o campionato. Temos que manter esa constancia, como sempre con humildade; e saber que cada partido é un partido difícil porque esta categoría che esixe moito".

Pide así mesmo "enfrontarse ás cousas con normalidade e celebrar cando estea todo terminado porque non imos ascender nin agora nin de aquí a un mes, imos ascender facendo as cousas ben até o final do campionato".

De feito, recalca que nesta Primera RFEF, "todos os partidos son moi duros e fóra de ABANCA-RIAZOR máis aínda. Entón temos que manter o nivel, a constancia, porque iso vai facer que podamos sacar os puntos cada fin de semana".

Titular o pasado domingo en Las Gaunas, confesa que está "moi feliz de xogar, que é o que quero. Pero tamén teño que respectar as decisións do míster, os compañeiros que poidan estar mellor, que poidan entrar. Hai moito respecto entre nós porque temos moita competitividade aquí no cadro".

Finalmente, preguntado por Borja Jiménez sendo un dos futbolistas que mellor coñece ao técnico por coincidir anteriormente con el no FC Cartagena, William de Camargo comenta que "é un adestrador moi teórico, que sempre nos ensina o que pensa. Ten un cadro distinto aquí e tamén adapta cousas. Entón, máis ou menos así está equilibrado".