RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ximo Navarro asegura que o Dépor "é o mellor sitio no que estiven, que estiven en moitos e ben"

Ximo Navarro e Fernando Soriano compareceron este mediodía en ABANCA-RIAZOR confirmada a renovación do defensor deportivista até xuño de 2026.

Abriu o acto ante os medios de comunicación o Director de Fútbol branquiazul, quen asegurou ao futbolista publicamente que "estamos contentos pola túa continuidade. Desexámosche o mellor e que podamos seguir sumando partidos e vitorias xuntos".

Pola súa banda, o defensor deportivista afirmou que "era un reto para min vir a Primera RFEF co obxectivo claro de ascender con este Club. Conseguiuse. Deume moita satisfacción persoal. Desde o primeiro momento sentín moi ben. Desde que me chamaron aquel verán sentín o agarimo para que estivese aquí. A día de hoxe sígoo recibindo".

Confesa estar "moi agradecido de todo este tempo, cos compañeiros moi ben, con #ANOSAFORZA moi ben. É unha boa cidade, que me gusta moito e síntome moi cómodo. Cando tes 2 temporadas boas co Club axúdache e é o mellor sitio no que estiven, que estiven en moitos e ben. Aquí é quizais onde mellor me sentín. Todo iso axudoume a querer seguir aquí".

Desvela que as conversacións para a súa renovación empezaron "dous meses atrás. Foi unha cousa rápida. Tiña claro que quería seguir aquí, o Club tamén. Por sorte até a lesión participei sempre, puiden achegar en todos os sentidos. Foi moi fácil chegar a un acordo e estou moi feliz".

Ximo Navarro laméntase por "sufrir esa lesión" recalca que "me gustaría poder seguir xogando. Era un momento no que me sentía moi ben, dos mellores en todos os anos que xoguei ao fútbol. Son cousas que pasan".

Iso si, por contra subliña que "lle dá a oportunidade a outros compañeiros que xogaron menos. A xente podía ter algunha dubida pero están para facer ver que teñen nivel suficiente para estar aquí, para sumar, para manter o nivel do equipo. Cando estás fóra sófrese un pouco máis pero estou moi tranquilo co rendemento do equipo".

Preguntado pola súa lesión, comenta que "vou mellor. É un proceso un pouco lento nas primeiras semanas. Na primeira custábame camiñar. Agora completei a terceira. Para camiñar pódoo facer con normalidade. Sinto mellor pero aínda queda un tempo por recuperar".