RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Xogos de habilidade e traballo táctico esta mañá no Dépor

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión de traballo na Cidade Deportiva de Abegondo, epicentro da pretemporada branquiazul.

A xornada arrincou cuns xogos de habilidade técnica supervisado polos preparadores físicos Javi González e Sergio Roca.

A continuación, Imanol Idiakez seguiu puíndo aspectos tácticos, por exemplo saques de banda con finalizacións, xa de cara ao partido deste sábado 5 de agosto ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR ante o Red Bull Bragantino brasileiro, correspondente á LXXVIII edición do Trofeo Teresa Herrera.

A sesión concluíu con ensaios de lanzamentos desde o punto de penalti para un grupo de futbolistas, por se o decano dos torneos estivais tense que decidir con penas máximas.

Pablo Vázquez está con adestramento personalizado; mentres que Álvaro Santamaría, Martín Ochoa, Brais Val, Kevin, Tim Caroutas e Fernando Somolinos representaron a #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, Os Nosos están citados ás 8:30 para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.

Galería de fotos en Facebook