RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Xornada de presentación e diversión este venres para o Dépor Genuine en Tarragona

O Dépor Genuine inicia este sábado 22 de novembro en Tarragona a 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve, que se celebrará nas instalacións do Mediterranean Sports Hub.

Os Nosos participaron na presentación da competición este venres no Nou Estadi Costa Daurada xunto aos outros 49 equipos.

Lluís Fàbregas, presidente do Nàstic de Tarragona; Clemente Villaverde, presidente da FUNDACIÓN LALIGA; Berni Álvarez, conselleiro de Deportes da Generalitat de Catalunya; e José María Solaina, director de Marca Global de Moeve, deron a benvida aos máis de 1.000 xogadores e xogadoras e membros dos corpos técnicos que conforman esta competición. 

Ademais, o Dépor Genuine puido gozar de momentos inesquecibles en PortAventura World a través dunha actividade conxunta que culminou en La Cantina de México xunto ao resto de equipos. 

Os branquiazuis preparáronse para esta sede cun adestramento o pasado mércores na Torre xunto aos veteranos do Dépor (na foto debaixo destas liñas).

Cinco sedes e fase final na Ciudad del Fútbol de Las Rozas

Esta temporada, a competición estará distribuída en 5 sedes, ademais da fase final, con este calendario:

Tarragona: 20, 21 e 22 de novembro

Cádiz: 31 de xaneiro e 1 de febreiro na Cidade Deportiva Baía de Cádiz

Xixón: 7 e 8 de marzo en Mareo

Granada: 25 e 26 de abril na Cidade Deportiva do Granada CF

Burgos: 30 e 31 de maio na Cidade Deportiva do Burgos CF

Ciudad del Fútbol de Las Rozas: 19, 20 e 21 de xuño

Nesta fase final determinaranse os 3 campións de Fair Play e os 3 campións deportivos dunha temporada chea de sorpresas.

Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid serán os rivais

Os primeiros rivais do Dépor Genuine serán o Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid, con este calendario:

Sábado 22 de novembro
11:00: DÉPOR GENUINE - GRANADA CF
16:30: DÉPOR GENUINE - FC CARTAGENA

Domingo 23 de novembro
10:00: ATLÉTICO DE MADRID - DÉPOR GENUINE