RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Xusto, e até curto, triunfo do Deportivo ABANCA B en Arcade

O Deportivo ABANCA B logrou un merecido, e até curto, triunfo (0-4) ante o Arcadia EF, en partido correspondente á 3ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez foron as goleadoras branquiazuis nun partido de dominio deportivista.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 9 puntos de 9 posibles, á fronte da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Anita, Antía, Rivas, Alba Martínez, Ainhoa, Sara Piñeiro, Sofía, Alba Suárez, Patri López, Lucía e María Calvo. Tamén xogaron: Jessi, Alba Pérez, Bermúdez, Andrea e Lara.

A próxima fin de semana toca derbi coruñés ante o Orzán, en Abegondo.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)