Yeremay Hernández afirmou na sala de prensa de Abegondo, nada máis recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de abril que "a temporada que vén temos que dar un paso adiante, pornos outros obxectivos porque tamén é o que quere o Club".
No entanto asegura estar "moi contento coa temporada do Dépor" no seu regreso a LaLiga Hypermotion.
Admite que "a todos nos gusta que falen ben de nós e estou moi contento por iso" e pensa que está "nun bo momento. Non sei se o mellor porque durante a temporada tiven momentos bos e momentos malos. O último partido (ante o Albacete Balompié) creo que non estiven mal. Tampouco foi o meu mellor partido. Teño partidos bos, partidos malos".
Do seu futuro, Yeremay subliña que "son xogador do Dépor. Teño contrato até 2030. En xaneiro volvín renovar e agora mesmo estou enfocado no Dépor porque é o meu equipo. A xente pode pensar moitas cosas pero hoxe en día son xogador do Dépor e ademais teño o contrato senón o máis longo do cadro dos que máis. Estou tranquilo e enfocado no Dépor ao 100%".
Por conseguinte, "agora mesmo o normal sería quedarme no Dépor. O que pode pasar non o sei. Non o sabe ninguén. A realidade é que teño contrato até 2030 e non é pouco. Non penso no que pode pasar, penso no momento, en agora, e estou moi tranquilo".
Preguntado polo gol da pasada fin de semana marcada polo recanto ao Albacete Balompié, sostén que "non foi o meu mellor gol. Quédome co do debut, co UCAM Murcia (en primeira rolda da Copa del Rey en 2021)".
Sobre a súa temporada, a primeira en LaLiga Hypermotion, apunta Yeremay que "ao principio de temporada marqueime uns obxectivos e creo que os estou conseguindo. Levo uns cuantos partidos seguidos xogando. É a miña primeira temporada e levo 2 anos xogando a un nivel alto. Estou moi contento coa temporada que estou a facer. Nalgunha fase da temporada non estiven ben pero pensando creo que estou a facer unha temporada moi boa".