RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Zakaria Eddahchouri: "Cando un club do nivel do Deportivo vén a por ti a decisión é moi fácil"

Zakaria Eddahchouri (11 de maio de 2000, Papendrecht, Países Baixos) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Dépor até xuño de 2028.

En primeiro lugar o futbolista luciu no campo principal da Cidade Deportiva a súa camiseta branquiazul co dorsal 3 para os medios gráficos, acompañado por Fernando Soriano.

Xa na sala de prensa, o Director de Fútbol do Club resaltou que "é un dianteiro con mobilidade, que complementa aos dianteiros que xa temos".

Resalta "a súa gran capacidade goleadora. Ten 30 goles no último ano e medio. Ten capacidade para combinar fóra da área, mobilidade, gañador de duelos aéreos... É un dianteiro versátil que esperemos que nos achegue no futuro".

Pola súa banda, Eddahchouri asegurou que "cando un club do nivel do Deportivo vén a por ti a decisión é moi fácil. A resposta foi si desde o principio".

Após debutar en Eibar, pensa que LaLiga Hypermotion "é unha das ligas con máis nivel desde o punto de vista táctico e técnico. Xa me tarda empezar a xogar".

Da súa estrea coa camiseta branquiazul queda con ese "momento especial que é debutar. Foi un momento complicado porque había que defender máis que atacar pero unha vez que se conseguiron os 3 puntos é o importante".

Zakaria Eddahchouri non se marca unha cifra de goles e si "facelo o mellor posible cando me toque xogar, esforzarme e dar o máximo para axudar ao equipo".

Defínese como "un xogador completo, dinámico. Podo xogar na área, por detrás da defensa, con bo tiro a porta... Podo achegar goles e por iso o Dépor fichoume".

O futbolista holandés insiste en "poder achegar, poder axudar ao equipo e o de marcar goles é secundario".

Finalmente, está agradecido porque "desde o momento que entrei no vestiario, desde os máis novos aos veteranos, están dispostos a axudarme no que faga falta. Sentín benvido por parte de todos".

Co partido ante a UD Almería deste domingo 9 de febreiro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion) Zakaria Eddahchouri está "con moitas ganas de debutar en ABANCA-RIAZOR. Vin o estadio, pareceume moi fermoso. Sei como #ANOSAFORZA está a apoiar ao equipo. Teño moitas ganas de xogar diante desa afección. Estou entusiasmado por poder xogar en ABANCA-RIAZOR nalgún momento".