RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
CADETES

A Desafío Cup, obxectivo do Cadete B e Alevín B

  O Cadete B, líder destacado do grupo norte da Liga Galega, e o Alevín B, que esta temporada se proclamou campión da Primeira Comarcal (grupo As Mariñas) e da Copa, afrontan esta Semana Santa a Desafío Cup en Salam

O calendario do Cadete B na Primeira Fase, que se xoga no estadio Reina Sofía de Salamanca, é este:
 
Xoves 24 de marzo
15.00: CADETE B - BÉJAR
 
Venres 25 de marzo
17.10: CADETE B - BETIS
21.10: FLECHA NEGRA B - CADETE B 
 
Os dous primeiros clasificados pasan á Fase Final; mentres que o terceiro e o cuarto xogarán unha Fase de Consolación. Todo iso será xa o sábado 26 de marzo.
 
O calendario do Alevín B na Primeira Fase, que se xoga no Estadio Municipal de Béjar, é este:
 
Xoves 24 de marzo
15.00: ALEVÍN B - UNIONISTAS
 
Venres 25 de marzo
13.10: BETIS - ALEVÍN B
17.10: CD NAVEGA - ALEVÍN B
 
Os dous primeiros clasificados pasan á Fase Final; mentres que o terceiro e o cuarto xogarán unha Fase de Consolación. Todo iso será xa o sábado 26 de marzo.