RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

A Peña 'Internacional Peña Deportivo-La-Coruna.com' premia a tempada que realizou Aranzubía

A Peña "Internacional Peña Deportivo-La-Coruna.com" escolleu a Aranzubía como o mellor xogador do Deportivo esta tempada, por diante de Andrés Guardado, segundo clasificado.

A única peña deportivista sen base xeográfica, organizada exclusivamente na internet e formada por persoas das máis diversas nacionalidades, vota partido tras partido polos mellores xogadores. É só cando remata a temporada que sabemos quen foi o máis regular, o favorito dos siareiros, o "Player of the Season".

Nesta temporada 2008-09 Aranzubía acadou 69 puntos, por 61 de Andrés Guardado.
Máis detalles e información en http://www.deportivo-la-coruna.com/n-news.php?cid=2252 (en inglés, o idioma veicular da web e da peña).

Ata o momento, Aranzubía tamén marcha na primeira posición na enquisa aberta en Canaldeportivo, neste caso por diante de Filipe.

¿Como valoras a cada xogador na tempada 2008-09?