RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Alex: Hai que ter paciencia e tranquilidade. Van seis xornadas e isto acaba de comezar

Alex Bergantiños, un dos capitáns da primeira plantilla, compareceu esta mañá en rolda de prensa en Abegondo. Sobre a derrota de onte perante o Almería, manifestou que "foi un bon partido, mais sen acerto. Estamos f

  Insiste en que "foi un partido igualado por momentos. Se fose de boxeo, aos puntos, creo que fomos un pouco mellores. Tivemos máis opcións e acho que levamos a iniciativa. Eles sentíronse cómodos esperando. Non interpretamos ben os últimos minutos e rompémonos un pouco, desconcentrados tamén polas lesións e polos cambios que tiñamos que facer obrigados".
 
Nsta liña, Álex fixo autocrítica: "Nos minutos finais cada un fixo a guerra pola súa conta para intentar gañar. Hai que ser máis sólidos en conxunto".