RCD / NOTICIAS

Florin Andone, citado por Rumanía para dous partidos clasificatorios do Mundial de Rusia 2018

  Florin Andone foi convocado pola Federación Romena de Fútbol para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 no próximo parón ligueiro do mes de outubro.

20/09/2016 11:57

Así, o sábado 8 de outubro, Rumanía visita Armenia en Yerevan; e o martes 11 de outubro a Kazajistán en Astana.
 
O dianteiro deportivista terá que se incorporar  á concentración romena o 2 de outubro, após o partido do Deportivo ante o Sporting de Gijón previsto para o sábado 1 de outubro en Riazor.

Más noticias de: ANDONE