RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Homenaxe aos socios de ouro e prata do Deportivo grazas a Estrella Galicia, Grupo HPS e AON

Mañá luns, as 21:00 horas no Playa Club, terá lugar a primeira quenda de entrega de insignias de prata aos socios que fixeron 25 anos de fidelidade ininterrompida en 2013. O martes completarase a entrega coa segunda quenda, e o xoves

O evento foi suspendido o pasado ano por motivos económicos, polo que o Deportivo agradece especialmente o apoio que Estrella Galicia, Grupo HPS e AON brindan para a celebración do acto.

Ao respaldo do patrocinador principal do equipo súmanse para a reunión social máis importante que cada ano celebra o Clube, unha das maiores aseguradoras e consultorías de capital humano a nivel mundial: AON; e o grupo de empresas coruñés HPS. No caso deste último, ademáis da esponsorización do acto, tamén colaboran coa decoración do salón grazas a unha das firmas do Grupo HPS: Jardín Coruña.

Mañá luns 16 e o martes 17 será o turno dos 381 socios de prata, e o xoves 19 de xuño dos 11 socios de ouro. Todos os actos ás 21:00 horas nas instalacións do Playa Club. Os socios que se deron de alta en 1988 e que continúan séndoo a día de hoxe son un total de 378: 352 homes, 21 mulleres e 5 empresas que suman un total de 381 carnés. Por isto o acto de entrega das insignias de prata distribuirase en dúas xornadas: 190 socios mañá luns 16 e 191 socios o martes 17. Os máis de 400 socios de ouro e prata que neste 2014 tamén festexan a súa efeméride, recibirán o seu recoñecemento nos próximos meses.

Consulta aquí o listado completo de homenaxeados esta semana.