RCD / NOTICIAS

Mañá xoves inaugúrase na Coruña a peña deportivista Pedro Mosquera

  Pedro Mosquera, que estará acompañado por Alejandro Arribas, recibirá este xoves unha cariñosa homenaxe do barrio da Gaiteira, caracterizado sempre polo seu deportivismo. O seu club de neno, o Galicia Gaiteira, acaba de crear unha peña co seu nome, a peña deportivista Pedro Mosquera, que estará presidida por David Souto.

24/02/2016 11:21

O acto de inauguración terá lugar ás 20.00 horas na sede social do citado club, sito na rúa Gaiteira nº 41 baixo da Coruña. A día de hoxe, estes futbolistas do primeiro equipo teñen peña co seu nome: Manuel Pablo, Álex Bergantiños, Juan Domínguez e Laure.

Más noticias de: PEDRO MOSQUERA