RCD / NOTICIAS

Marrocos confirma a convocatoria de Fayçal Fajr

  Fayçal Fajr foi finalmente convocado para os dous próximos compromisos da selección de Marrocos neste parón ligueiro de novembro. Así, o combinado marroquino enfróntase a Costa de Marfil o sábado 12 no Grande Estadio de Marrakech (20.00, hora local), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia de 2018. O martes 15 de novembro, no mesmo escenario (Grande Estadio de Marrakech), Marrocos recibe Togo nun partido amigable.

02/11/2016 11:35

Emre Çolak, na antesala da selección de Turquía

Emre Çolak foi preconvocado pola Selección de Turquía para un partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.
 
Así, o conxunto turco recibe no Antalya Arena da cidade de Antalya a Kosovo, o sábado 12 de novembro ás 20.00 horas (hora local).
 
A convocatoria definitiva farase pública o venres 4 de novembro. En caso de entrar na listaxe final, Çolak viaxará o luns 7 de novembro, após o partido que o Dépor xogará en Granada, previsto para o sábado 5 de novembro ás 13.00 horas (Bein Sports).
 
Florin Andone xogará con Romanía ante Polonia e Rusia
 
O avanzado deportivista Florin Andone foi convocado pola súa selección, Romanía, para dous partidos. 
 
O primero deles será ante Polonia, no National Arena de Bucarest (21.45) o venres 11 de novembro; nun choque clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. 
 
O segundo será amigable, ante Rusia, o martes 15 de novembro na cidade rusa de Grozny. Andone terá que se incorporar á concentración da súa selección o domingo 6 de novembro, após o partido do Dépor en Granada.
 
Celso Borges, con Costa Rica
 
Celso Borges foi convocado para dous partidos internacionais con Costa Rica. Os rivais serán Trinidad e Tobago e Estados Unidos, ambos os compromisos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
 
Así, o venres 11 de novembro, Costa Rica visita Trinidad e Tobago. O partido será ás 19.00 (hora local) no Hasely Crawford Stadium de Puerto España, capital do país centroamericano.
 
E o martes 15 de novembro, Costa Rica recibe en San José a Estados Unidos.
 
O futbolista branquiazul deberá incorporarse á concentración da súa selección o luns 7 de novembro.

Más noticias de: BORGES, FAYÇAL, EMRE ÇOLAK, ANDONE