RCD / NOTICIAS

O Alevín A participa esta fin de semana no torneo José Iragorri en Biscaia

  O Alevín A do Deportivo participará esta fin de semana na segunda edición do Torneo José Iragorri, que se xoga na localidade biscaíña de Etxebarri. O conxunto branquiazul ficou emparellado no grupo C, co Comillas CF, SD Etxebarri e o S. Herrera.

30/03/2016 12:39

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
 
Venres 1 de abril
15.45: S. HERRERA - ALEVÍN A (campo 1)
17.15: ALEVÍN A - COMILLAS CF (campo 1)
18.00: SD ETXEBARRI - ALEVÍN A (campo 1)
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, que se xogarán xa o sábado 2 de abril baixo o formato de eliminatoria.