O Alevín A participa mañá martes nun cuadrangular amigable de fútbol oito en Abegondo
Mañá martes 22 de novembro, a partir das 17.30, o Alevín A participará nun cuadrangular amigábel de fútbol oito en Abegondo. Alén do conxunto deportivista, líder do grupo 2º da Primeira Comarcal, participará a Selección da Coruña, a Selección de Ferrol e a Selección de Santiago.
O formato de competición será de liga a unha soa volta entre todos os equipos.