RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A, líder da Liga Galega, xoga un amigable este mércores en Abegondo

O Infantil A do Deportivo ten partido amigable entre semana. Será en Abegondo (campo 5) o mércores 30 de novembro ás 19.00 horas, co Viveiro de categoría cadete como rival. O Infantil A lidera actualmente o grupo 1º da Liga Galega con 35 puntos, un máis que o Ural, segundo clasificado agora con 34 puntos.

O sábado 3 de decembro, o conxunto deportivista recibe en liga o Bergantiños, ás 10.30 no campo 7 da cidade deportiva.

Igualdade onte entre Alevín A e Selección Coruñesa Sub-12

Por outra parte, o Alevín A mediuse onte en Abegondo á Selección Coruñesa Sub-12, nun partido de preparación.

Houbo igualada final (5-5), nun partido entretido. Domínguez e Diego foron os autores dos goles branquiazuis.

A falta dunha xornada, o Alevín A proclamouse campión do grupo segundo da Primeira Comarcal A Coruña.

Este próximo sabado 3 de decembro, o conxunto deportivista acaba a liga regular ás 11.00 na Torre ante o Sporting Cambre A.