RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Sam Piette incorpórase mañá martes á concentración de Canadá en Austria

  O fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para unha concentración da selección en Austria, desde mañá martes 31 de maio ao mércores 8 de xuño. Durante este periodo, a selección cana

Fayçal participou na vitoria de Marrocos sobre o Congo
 
A Selección Marroquina de Fútbol venceu (2-0) o Congo en partido amigable que se xogou o pasado venres en Tánger.
 
Fayçal arrancou o partido no banco dos suplentes. Após o descanso, o centrocampista branquiazul relevou Mounir Obbadi e disputou pois os segundos 45 minutos.
 
O próximo venres 3 de xuño, xa en partido clasificatorio para a Copa de África 2017, Marrocos mídese a Libia. O choque arranca ás 19.00 (hora local) en Rades (Túnez).
 
Celso Borges, titular ante Venezuela o pasado venres
 
Celso Borges disputou o pasado venres (madrugada do sábado en España) un partido amigable ante Venezuela no Estadio Nacional de Costa Rica en San José.
 
O  mediocentro deportivista foi titular e disputou 63 minutos de partido, até que foi relevado por Tejada. Venceu Costa Rica (2-1), a pesar de que os venezuelanos se adiantaron no marcador no minuto 29.
 
Este amigable serviu para preparar a Copa América Centenario 2016, que se xogará en Estados Unidos durante o mes de xuño. O calendario de Costa Rica na Primeira Fase é o seguinte:
 
Sábado 4 de xuño
COSTA RICA - PARAGUAY, en Orlando
 
Martes 7 de xuño
ESTADOS UNIDOS - COSTA RICA, en Chicago
 
Sábado 11 de xuño
COLOMBIA - COSTA RICA, en Houston
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, do 16 ao 18 de xuño. As semifinais xogaranse o o 21 e 22. O 25 de xuño está previsto o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final se celebrará o 26 de xuño en New York.