RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Vázquez: Faremos o mellor partido posible en Girona

Fernando Vázquez compareceu na sala de prensa de Abegondo por última vez esta temporada 2013-14. Desde o 5 de xullo de 2013, data do primeiro adestramento de pretemporada, fican atrás 11 meses de competición que para o t&eacute

Coa mente posta no título ligueiro afronta o equipo esta última cita en Girona. "Estivemos case todo o ano aí arriba sendo primeiros e a idea é que o equipo gañe en Girona e esperar o que faga o Eibar en Soria. A nivel de tensión é complicado este partido para nós, mais imos intentalo", manifestou Fernando Vázquez.

"Cando un equipo chega ao máximo de tensión, que foi o partido do pasado sábado perante o Real Xaén, é imposible mantela. Algo máis baixos estamos. Hai que recorrer á profesionalidade,  máis ao razoamento que á emoción para xogar este partido", subliña.

Acredita o adestrador branquiazurl que "hai que ser respcetuosos coa competición. Hai moitos equipos implicados que se están xogando cousas importantes. O prestixio do Deportivo ten de saír a relucir esta fin de semana. Faremos o mellor partido posible en Girona. Temos un obxectivo importante por cumprir. Ser campeón dunha Liga é algo ao que sempre aspiras cando comeza a competición".

Sobre o futuro, Fernando Vázquez confesou que nos próximos días se porá a configurar o novo Deportivo da man de Fernando Vidal, Conselleiro responsable da Área Deportiva do Clube.