RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
FABRIL

Xuvenil A e Infantil A retan en Abegondo este sábado os líderes das súas ligas

  Este sábado 22 de outubro sobresaen dous partidos en Abegondo sobre o resto de encontros ligueiros na canteira deportivista. Na División de Honra, o Xuvenil A mídese ao líder, o Sporting de Gijón (17.00 horas) e o

En Terceira División, o Fabril, xa en postos de play off de ascenso a Segunda División B, buscará en Cerceda consolidar estas posicións e acercarse ao líder, o Racing Vilalbés.
 
Finalmente, en categoría feminina, o Dépor Feminino B desprázase a Vigo este domingo para traer a primeira vitoria ligueira a costa do Sárdoma B.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
CERCEDA - FABRIL, o domingo 23 de outubro ás 17.30 no Roxo (Cerceda)
Clasificación: 1. Racing Vilalbés, 20 puntos; 2. Rápido de Bouzas e Compostela, 17 puntos; 4. Fabril, Barbadás, Arosa e Ribadumia, 16 puntos; 8. Céltiga, 15 puntos...
 
Categoría Feminina
 
SÁRDOMA B - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 23 de outubro ás 16.30 nas Relfas (Vigo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 11. O Val e Torre, 3 puntos; 13. Deportivo Feminino B, 2 puntos; 14. San Miguel e Xuventú Aguiño, 1 punto
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 22 de outubro ás 17.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 18 puntos; 2. Lugo, 17 puntos; 3. Celta, 16 puntos; 4. Oviedo e Alondras, 15 puntos; 6. Xuvenil A e Val Miñor, 14 puntos; 8. Racing de Santander, 12 puntos...
 
CORUXO - XUVENIL B, o sábado 22 de outubro ás 16.00 en Fragoselo (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 19 puntos; 2. Victoria, 17 puntos; 3. Pontevedra, 16 puntos; 4. Xuvenil B e Porriño, 14 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CORUXO - CADETE A, o sábado 22 de outubro ás 18.00 en Fragoselo (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 21 puntos; 2. Lugo, 19 puntos; 3. Cadete A, 17 puntos; 4. Victoria, 16 puntos...
 
CADETE B - URAL B, o sábado 22 de outubro ás 12.30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B (un partido máis) e Calasanz, 16 puntos; 3. Xuventude Oroso e Victoria B, 13 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - URAL, o sábado 22 de outubro ás 11.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Ural, 21 puntos; 2. Infantil A e Racing de Ferrol, 19 puntos; 4. Galicia de Caranza, 18 puntos...
 
INFANTIL B - ÓRDENES, o sábado 22 de outubro ás 10.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 18 puntos; 2. Imperátor e Oza Juvenil, 15 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, terceira xornada: ONCE CABALLEROS A - ALEVÍN A, o sábado 22 de outubro ás 11.30 no campo de Lendoiro (A Barcala)
 
Segunda Comarcal A Coruña, terceira xornada: ALEVÍN B - VICTORIA C, o sábado 22 de outubro ás 11.00 na Torre 2.1
 
Categoría Benxamín
 
SAN TIRSO A - BENXAMÍN A, o domingo 23 de outubro ás 10.15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A e Victoria A, 9 puntos; 3. Olímpico A, 7 puntos...
 
Segunda Comarcal A Coruña, terceira xornada: BENXAMÍN B - ATLÉTICO ARTEIXO C, o sábado 22 de outubro ás 11.00 na Torre 3.2