
FUNDACIÓN · 19 ABRIL 2025
A CIDADE DEPORTIVA DE ABEGONDO ACOLLE ESTE DOMINGO 20 DE ABRIL A SEGUNDA XORNADA DE 'A NOSA CHAMPIONS'
A Cidade Deportiva de Abegondo será a sede este domingo 20 de abril da segunda xornada de 'A Nosa Champions', unha nova competición de fútbol inclusivo creada pola Federación Galega de Fútbol.A Fundación RC Deportivo será a organizadora desta nova xornada de convivencia e fútbol, coa participación do Dépor Genuine, Racing de Ferrol, SR Calo A, SR Calo B, Racing Villalbés e Celta Integra.Os Nosos quedaron encadrados no grupo A, co Racing de Ferrol e o SR Calo A.O calendario de partidos dos branquiazuis é o seguinte:10:00: DÉPOR GENUINE - RACING DE FERROL10:45: SR CALO A - DÉPOR GENUINESegundo clasificación, os equipos pasan a disputar un partido máis da segunda fase contra os conxuntos do outro grupo.'A Nosa Champions' non ten afán competitivo e o seu obxectivo é que persoas con discapacidade intelectual poidan xogar ao fútbol e gozar dunha xornada de deporte e convivencia.O pasado 24 de marzo, o Dépor Genuine participou na primeira sede en Calo.

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha