RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B xa está en marcha

DÉPOR ABANCA B · 25 XULLO 2026

O DÉPOR ABANCA B XA ESTÁ EN MARCHA

Cada pretempada marca o inicio dun novo camiño. Novos retos, novos soños e a mesma ilusión de seguir medrando. O Dépor ABANCA B xa deu o primeiro paso cara á temporada 2026-27 co regreso ao traballo no Dépor Training Center, onde comezou os adestramentos ás ordes de Aitor.O filial branquiazul afronta con ambición a súa segunda campaña consecutiva en Segunda Federación, unha categoría esixente na que volverá competir co obxectivo de seguir formando futbolistas e consolidar o proxecto do fútbol feminino do RC Deportivo.O inicio da pretemporada tamén serviu para dar a benvida ás novas incorporacións que reforzarán o equipo durante este curso. Aitana Ruda, Sara Prego, Elsa Ayats ou Antía Mayo iniciaron esta nova etapa coa ilusión de vestir a camiseta branquiazul e achegar o seu talento a un grupo que combina mocidade, ambición e compromiso.Cada adestramento será un paso máis na construción dun equipo que representa o presente e, sobre todo, o futuro do Club. Un grupo de futbolistas que traballará día a día para seguir medrando, competir ao máximo nivel e continuar alimentando o camiño cara ao primeiro equipo.Co balón xa en movemento, o Dépor ABANCA B comeza unha nova temporada cargada de ilusión, convencido de que o esforzo, o compañeirismo e o sentimento deportivista volverán ser a mellor guía para afrontar os desafíos que están por vir.