
FUNDACIÓN · 23 OUTUBRO 2025
A FUNDACIÓN RC DEPORTIVO LANZA 'BRAZELETES SOLIDARIOS', UN PROXECTO PARA DAR VISIBILIDADE A CAUSAS SOLIDARIAS DURANTE TODA A TEMPORADA
A Fundación RC Deportivo presentou na sala de prensa do Dépor Training Center o proxecto Brazaletes Solidarios, unha iniciativa innovadora e con alto valor social, deseñada para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.A través da personalización mensual dos brazaletes de capitán tanto nos partidos oficiais dos primeiros equipos masculino e feminino como nos do Dépor Genuine, preténdese xerar conciencia, empatía e compromiso ao redor de problemáticas sociais de relevancia local, nacional e internacional.Esta acción reforza o papel do RC Deportivo como institución de referencia dentro e fóra do terreo de xogo, abanderando valores como a inclusión, a solidariedade e a xustiza social.No acto participaron Carlos Ballesta, conselleiro delegado do RC Deportivo; Carlos García, coordinador de proxectos da Fundación do RC Deportivo; e Antonio Hernández Fernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia.O conselleiro deportivista afirmou que esta iniciativa "nos enorgullece a todos os que formamos parte do RC Deportivo e reflicte a mellor versión do que somos como Club".Asegura Ballesta que "o Deportivo é moito máis que fútbol. Somos unha institución con arraigamento, cunha gran masa social e coa responsabilidade de utilizar a nosa voz para amplificar causas que importan. Con Brazaletes Solidarios, reforzamos o noso papel como entidade comprometida cos valores que dan sentido ao noso escudo: respecto, empatía e comunidade".Pola súa banda, Carlos García asegura que "se trata de fortalecer os lazos co deporte profesional, especialmente o fútbol, que é un gran motor de cambio social".Apunta que esta iniciativa "se verá desde o partido deste domingo (en ABANCA-RIAZOR ante o Real Valladolid) neste caso con FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) coa que compartiremos o noso primeiro brazalete solidario".Pechou o acto Antonio Hernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia, quen explicou que "somos unha entidade de ámbito autonómico, que agrupa a todas as entidades que traballan con enfermos mentais e as súas familias" e "sensibilizar á sociedade sobre esta discapacidade, que é moi incapacitante."Finalmente agradeceu ao RC Deportivo porque "grazas a esta iniciativa a nosa causa e as 9 seguintes van ter unha visibilidade social moi grande".

O Infantil comeza a liga na División de Honra en O Monte ante...

A RC Deportivo Fundación comparte experiencias e proxectos co...

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA; este dom...

O Dépor ABANCA B, subcampión do Torneo Unindo Camiños nun gra...

Antonio Hidalgo lembra que "os principios sempre son importan...

Primeira saída en LaLiga EA Sports para Os Nosos, que "imos i...