RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeira saída en LaLiga EA Sports para Os Nosos, que "imos ir con todo a Málaga"

DÉPOR · 23 AGOSTO 2026

PRIMEIRA SAÍDA EN LALIGA EA SPORTS PARA OS NOSOS, QUE "IMOS IR CON TODO A MÁLAGA"

O Dépor estréase como visitante en LaLiga EA Sports.Así, despois do empate ante o Elche CF do pasado luns en ABANCA-RIAZOR na 1ª xornada, Os Nosos visitan este luns 24 de agosto ás 21:30 (Dazn) outro dos recentemente ascendidos, o Málaga CF.Antonio Hidalgo promete que na malacitana La Rosaleda «imos deixar a pel» e asegura que «imos ir con todo».Despois do último adestramento realizado este domingo 23 no Dépor Training Center baixo a chuvia, o técnico deportivista conta con todo o seu cadro de xogadores para un encontro que se disputará en condicións totalmente distintas: tempo solleiro cunha temperatura superior aos 25 graos.Kevin Sánchez foi o único representante de ANOSACANTEIRA.O corpo técnico, tras unha activación, dispuxo unha tarefa de finalizacións, unha serie de partidos en espazo reducido e, para concluír, un ensaio de xogadas a balón parado.Hidalgo confirmou na sala de prensa o paso adiante dado por Yeremay: «Adestrou con absoluta normalidade e cremos que estará dispoñible».Apunta que o atacante canario «mellorou moito na última semana. Véxoo contento e véxoo centrado, que para min é o importante».Pola súa banda, o Málaga CF comezou a temporada cunha derrota ‘lóxica’ ante o Atlético de Madrid (2-0) no Estadio Metropolitano.Os andaluces veñen de incorporar a Pablo Martínez, que chega do Levante UD. O novo centrocampista converteuse na 5ª incorporación deste verán tras as anteriores fichaxes do lateral esquerdo José Salinas, do centrocampista Carlos Dotor, do atacante Juan Cruz e do defensa Fernando Calero; ademais da continuidade do dianteiro Eneko Jauregi e do central Einar Galilea.Finalizado o encontro en La Rosaleda, Os Nosos pasarán a noite en Málaga e regresarán o martes a primeira hora da mañá directamente para adestrar no Dépor Training Center.