
DÉPOR · 23 AGOSTO 2026
ANTONIO HIDALGO LEMBRA QUE "OS PRINCIPIOS SEMPRE SON IMPORTANTES PARA DAR ESA CALMA, ESA TRANQUILIDADE QUE NECESITA TODO O MUNDO"
Antonio Hidalgo manifestou este domingo 23 de agosto na sala de prensa do Dépor Training Center que agarda un Málaga CF, rival este luns 24 de agosto ás 21:30 (Dazn) en La Rosaleda, que "segue cunha dinámica moi parecida á do ano pasado, con practicamente o mesmo once. Coa volta de Dotor repetiron o once que viñan empregando na última temporada".O técnico deportivista ve o conxunto andaluz "con moitísima enerxía, con moito dinamismo, cun estadio cheo, empurrando".Así pois, prognostica un partido "bonito, competido. Enfrontámonos en Segunda División e agora, por sorte, estamos os dous onde merecemos".Finalmente, Antonio Hidalgo lembra neste inicio do campionato que "hai unha cifra que hai que sumar ao final da temporada. Que a sumes antes ou despois non vai importar demasiado. Os inicios sempre son importantes para dar esa calma, esa tranquilidade que necesita todo o mundo".

Resultados deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA, con derrota do F...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...

Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17...

As Nosas, «preparadas para conseguir a segunda vitoria consec...

Segundo partido consecutivo no campo Arsenio Iglesias para o ...