RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Á venda as entradas para o público para o Dépor - Levante UD do venres 16 de outubro ás 21:00 horas

DÉPOR · 5 OUTUBRO 2026

Á VENDA AS ENTRADAS PARA O PÚBLICO PARA O DÉPOR - LEVANTE UD DO VENRES 16 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS

Están á venda as entradas de público para o partido ante o Levante UD, que se disputará en ABANCA-RIAZOR o venres 16 de outubro ás 21:00.Pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón, ademais de na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) co seguinte horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e os venres de 9:15 a 14:00.Os abonados e abonadas do RC Deportivo teñen prioridade ata este mércores 7 de outubro ás 18:00 horas.Os prezos das localidades serán a partir de 40 euros, sempre suxeitos a cambios segundo a dispoñibilidade.Os/as Deportivistas e Deportivistas + teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.