
DÉPOR · 5 OUTUBRO 2026
O RC DEPORTIVO, ELIXIDO EN SETEMBRO POR LA LIGA COMO CLUB DO MES EN DIXITAL
O RC Deportivo foi recoñecido este mes de setembro por LaLiga como Club do Mes na vertical de Dixital debido á evolución amosada neste inicio de temporada, consolidando a súa estratexia de contidos, fortalecendo o seu ecosistema dixital e aumentando de forma significativa o impacto da área dixital no negocio do Club.
Os resultados reflicten este crecemento con claridade: os usuarios rexistrados aumentaron un 28%, os seguidores un 51%, o engagement un 232% e as visualizacións de vídeo un 173%, todos eles respecto ao mesmo período da temporada pasada. Uns datos que evidencian unha estratexia eficiente e orientada non só á captación, senón tamén á conversión.
Un dos exemplos máis destacados deste enfoque foi a fichaxe de Aubameyang, convertida nunha activación que vai moito máis alá do contido. O Club aproveitou a súa chegada non só para crear pezas nas redes sociais, incluído contido behind the scenes, senón tamén para activar o seu ecosistema dixital a través dun sorteo con rexistro. En só unha semana, esta acción converteuse na mellor campaña de captación de rexistros da historia recente do Club. A activación tivo un impacto transversal en áreas como marca, patrocinio, ticketing, CRM e proxecto deportivo, demostrando o valor do contido como motor de negocio.
En paralelo, o RC Deportivo continúa impulsando MoeDÉiro, o seu moedeiro dixital, como un dos piares da súa estratexia de innovación e explotación do estadio. Este sistema permítelles aos abonados liberar o seu asento e acumular o saldo correspondente, que posteriormente poden utilizar dentro do ecosistema do Club. As altas medraron un 37% respecto ao mesmo período da temporada pasada e actualmente un de cada tres abonados utiliza MoeDÉiro.
Outro dos eixes clave foi o desenvolvemento da canle de YouTube, convertida nunha peza estratéxica dentro do ecosistema de contidos. O Club apostou polos directos en día de partido, sen imaxes do xogo, como formato diferencial. Estas emisións incorporan activacións comerciais, con presenza de patrocinadores e códigos QR que permiten á afección participar en sorteos, acadando picos de máis de 1.000 participacións por directo. Os “Dépor Live by Sotelo” acumulan xa máis de 300.000 visualizacións en YouTube, mentres que os contidos derivados superan o millón de visualizacións no resto de plataformas.
Con estas iniciativas, o RC Deportivo reforza o seu posicionamento como un Club innovador no ámbito dixital, capaz de conectar contido, tecnoloxía e negocio dentro dun ecosistema en constante crecemento.

Á venda as entradas para o público para o Dépor - Levante UD ...

O CE Europa de Segunda Federación crúzase no camiño copeiro d...

O Auriense CA de Ourense será o rival do Dépor na primeira el...

Terceiro e último amigable de José María Giménez con Uruguai,...

Semana de primeiro parón ligueiro para o Dépor ABANCA, aínda ...

Semana de volta á competición para o Dépor e de regreso paula...