
DÉPOR · 4 MAIO 2026
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O DÉPOR - FC ANDORRA DO DOMINGO 17 DE MAIO ÁS 14:00 EN ABANCA-RIAZOR
Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 17 de maio ás 14:00 fronte ao FC Andorra en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 40ª xornada en LaLiga Hypermotion.Pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:00.As persoas abonadas teñen prioridade ata este martes 5 de maio ás 18:00 horas.Os prezos das localidades serán a partir de 40 euros, suxeitos a cambios segundo dispoñibilidade.Os soci@s amigo teñen un 25% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...

O Dépor ABANCA xa coñece aos seus rivais na súa terceira temp...

O Dépor xa coñece o camiño no seu regreso á elite

Emotiva primeira xornada do Dépor Genuine na fase final de La...

Resultados deste sábado 20 e calendario do domingo 21 de xuño...