RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A RC Deportivo Fundación mantén activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor ABANCA - Real Sociedad do domingo 21 ás 12:00

FUNDACIÓN · 17 DECEMBRO 2025

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN MANTÉN ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR ABANCA - REAL SOCIEDAD DO DOMINGO 21 ÁS 12:00

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA de Copa de la Reina deste domingo 21 de decembro ás 12:00 ante a Real Sociedad, mantén activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta .A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste xoves 18 de decembro.