
DÉPOR ABANCA · 17 XUÑO 2026
MERLE BARTH CONTINUARÁ ACHEGANDO LIDERADO E EXPERIENCIA AO DÉPOR ABANCA ATA 2027
O Deportivo ABANCA e Merle Barth (Waldbröl, Alemaña, 21 de abril de 1994) seguirán camiñando xuntos. A defensa alemá renovou o seu contrato co Club ata xuño de 2027, prolongando así unha etapa na que se converteu nunha peza importante dentro e fóra do terreo de xogo.Chegada ao Dépor Training Center no verán de 2025 procedente do Atlético de Madrid, Merle achegou experiencia, solidez e personalidade á zaga branquiazul.Na súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR disputou 26 partidos, 22 deles como titular, e contribuíu cun gol a unha campaña na que o equipo volveu competir con éxito na elite do fútbol español.A súa traxectoria avala a Merle como unha das futbolistas con maior experiencia do cadro. Antes da súa chegada a España, desenvolveu toda a súa carreira profesional en Alemaña, onde se formou e competiu durante dez tempadas no Bayer Leverkusen antes de continuar o seu camiño no Turbine Potsdam. Entre ambos clubs acumulou máis de 200 partidos na máxima categoría do fútbol alemán.A renovación de Merle Barth supón a continuidade dunha futbolista que achegou seguridade, profesionalidade e liderado ao proxecto do Deportivo ABANCA. A súa experiencia internacional e o seu compromiso diario seguirán sendo un activo fundamental para o crecemento do equipo nas vindeiras temporadas.O Deportivo ABANCA amarra así a unha xogadora que representa á perfección os valores de esforzo, compromiso e competitividade que definen ao Club.

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo ...

Bereket incorpórase como Colaborador Oficial do RC Deportivo

O Dépor repasa o triunfo ante CA Osasuna á vez que avanza na ...

O ex deportivista Javier Manjarín, o actor Tamar Novas ou o e...

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Os Nosos, con Marc Casadó no grupo, xa miran ao RCDE Stadium ...