
FUNDACIÓN · 17 XUÑO 2026
SANTA COMBA PRESUME DE DÉPORCAMPUS, QUE ESTE ANO ACADA A SÚA 3ª EDICIÓN
Santa Comba xa presume da súa 3ª edición do DeporCampus, que se desenvolve en colaboración co Xallas FC.O acto de presentación tivo lugar no campo de fútbol de A Fontenla, onde se desenvolverá a actividade, con estes asistentes: Alberto Romar Landeira, alcalde de Santa Comba; Sergio Prego Cancela, presidente do Xallas FC; Bruno Prego Cancela, coordinador da área administrativa do Xallas FC; Jorge Quintáns Pastoriza, director do fútbol base do Xallas FC; varios xogadores e xogadoras do Xallas FC; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 6 ao venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán a Santa Comba a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.As inscricións, abertas ata o martes 30 de xuño ás 14:00 ou ata completar aforo, pódense formalizar neste enlace.

O Dépor Genuine pecha esta fin de semana unha temporada de va...

Aberto ás persoas abonadas o proceso de consulta sobre a deno...

O Alevín A e o Benxamín A avanzan a oitavos de final do Mini ...

Zas, a punto para a súa 10ª edición do DéporCampus

O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación comparte unha xorn...

O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada c...