
DÉPOR · 17 XUÑO 2026
ABERTO ÁS PERSOAS ABONADAS O PROCESO DE CONSULTA SOBRE A DENOMINACIÓN OFICIAL DO RC DEPORTIVO
O RC Deportivo abriu unha consulta vinculante dirixida á súa masa social para decidir sobre a adecuación da denominación oficial da entidade ao marco xurídico vixente en materia de toponimia oficial da cidade da Coruña.A través deste proceso, as persoas abonadas con dereito a voto xa poden pronunciarse sobre a denominación oficial do Club e a súa adecuación á nomenclatura oficial da cidade.As opcións sometidas a votación son as seguintes:1. Manter a denominación actual: Real Club Deportivo de La Coruña.2. Adecuar o nome do Club e os elementos gráficos á toponimia oficial da cidade, adoptando a denominación "Real Club Deportivo de A Coruña" en castelán e "Real Club Deportivo da Coruña" en galego.Poderán participar na consulta todas as persoas abonadas do Club que teñan cumpridos 12 anos ou máis na data de inicio do proceso (17 de xuño de 2026). Cada abonado/a poderá votar unha soa vez.O período de votación comezou este mércores 17 de xuño ás 09:00 horas e permanecerá aberto até o vindeiro 21 de xuño ás 18:00 horas.O resultado da consulta terá carácter vinculante; a adecuación da denominación unicamente se producirá no caso de que esta opción obteña a maioría simple dos votos emitidos. Neste escenario, os órganos competentes do Club levarán a cabo as xestións necesarias para que a nova denominación se implemente de cara á tempada deportiva 2026/2027.¿Cómo votar?-Accede ao sitio web rcdeportivo.es/consulta-Identifícate como persoa abonada. Poderalo facer iniciando sesión coa túa conta do Dépor ou co teu ID de Abono.-Completa o proceso de votación.-Recibirás un correo de confirmación.As persoas abonadas maiores de 65 anos ou con diversidade funcional poderán chamar ao teléfono 981167310 para realizar a votación ata o venres 19 ás 21:00h.Ante calquera dúbida ou incidencia, diríxete a este correo electrónico: [email protected]

Santa Comba presume de DéporCampus, que este ano acada a súa ...

O Dépor Genuine pecha esta fin de semana unha temporada de va...

O Alevín A e o Benxamín A avanzan a oitavos de final do Mini ...

Zas, a punto para a súa 10ª edición do DéporCampus

O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación comparte unha xorn...

O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada c...