
DÉPOR ABANCA · 8 NOVEMBRO 2026
ESTE LUNS 9 DE NOVEMBRO ABRE A OAD NO SEU HORARIO HABITUAL E OS DESPACHOS DE BILLETES DO PALACIO DOS DEPORTES DESDE AS 19:00 HORAS
Este luns 9 de novembro, día do partido entre o Deportivo ABANCA e o Valencia CF Femenino (21:00 horas), abre a Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) no seu horario habitual, de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00.A partir das 19:00, e ata o descanso do encontro, estarán á disposición dos afeccionados os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor.Os abonados e abonadas poden retirar a súa invitación obrigatoria para este encontro e para o do FC Barcelona do domingo 15 de novembro ás 18:00 en calquera momento premendo nesta ligazón.Como é tradicional, para asistir aos partidos de As Nosas é necesario ter pagado no abono da temporada 2026-27 un suplemento.Tanto para este encontro como para o do Barça só se poderán adquirir entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas conforme se vaian ocupando.O prezo da entrada de público para cada un dos partidos é de 10 euros.


O Dépor ABANCA xógase este luns 9 de novembro ás 21.00 horas ...

Leo Román asegura que "este equipo é unha familia" e cre que ...

Antonio Hidalgo: "O equipo sempre está vivo, compite e iso en...

Resultados deste sábado 7 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

Os Nosos adéstranse de novo o martes 10 ás 17:00 no Dépor Tra...