
DÉPOR ABANCA · 8 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA XÓGASE ESTE LUNS 9 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS EN ABANCA-RIAZOR ANTE O VALENCIA CF FEMENINO "MANTERNOS NA PARTE ALTA DA TÁBOA"
O Dépor ABANCA pecha a xornada 10ª de Liga F este luns 9 de novembro ás 21:00 horas (Dazn) ante o Valencia CF Femenino.Arrancan así As Nosas unha semana con 3 partidos, con cita copeira o xoves 12 de novembro ás 20:00 horas no Estadio Nou Sardenya de Barcelona ante o CE Europa e novo partido de liga o domingo 15 de novembro ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona.En rolda de prensa, Alberto Rodríguez asegura que "unicamente falamos do Valencia CF. É un partido importante para nós, para manternos na parte alta da táboa. Xa haberá tempo despois para pensar no que vén".O Dépor ABANCA comezará o choque con 11 puntos na 10ª posición da táboa.O técnico deportivista admitiu que a semana de traballo, coa suspensión do choque de Copa incluída, foi "difícil polo sucedido a Jesús de Miguel. Aproveito para darlle as condolencias á súa familia e á súa contorna". Intentou que o seu equipo tivese "o foco no partido ante o Valencia CF unha vez que nos din que non hai partido de Copa de la Reina. Tivemos tempo para preparalo ao ser xornada en luns. Estamos listas para conseguir os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".Están fóra do grupo Merle Barth e Inês Pereira.

Foto: Valencia CF FemeninoPola súa parte, o Valencia CF Femenino pecha a táboa con 3 puntos a pesar de conseguir a súa primeira vitoria en liga a pasada fin de semana ante a SD Eibar (2-1).Lonxe do seu campo as valencianistas caeron esta campaña co Deportivo Alavés (2-0), Logroño United (2-1), Real Madrid CF (3-1), Athletic Club (1-0) e Atlético de Madrid (4-0).En ABANCA-RIAZOR o Valencia CF Femenino estreará adestrador, coa chegada do técnico brasileiro Lucas Piccinato ao banco ché.A defensa central Nazareth Martín apunta que "todas temos que dar o máximo para poder conseguir vitorias e puntos porque cada partido é súper importante".Asegura que o Valencia CF Femenino vai ir a ABANCA-RIAZOR "con forza, con ganas e sobre todo estamos cambiando moito a actitude de ir arriba, de gañar os duelos e imos alí a polos tres puntos".Finalizado o encontro, As Nosas adestran de novo o martes 10 de novembro ás 11:00 no Dépor Training Center.

Este luns 9 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

Leo Román asegura que "este equipo é unha familia" e cre que ...

Antonio Hidalgo: "O equipo sempre está vivo, compite e iso en...

Resultados deste sábado 7 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

Os Nosos adéstranse de novo o martes 10 ás 17:00 no Dépor Tra...