
CANTERA · 8 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON TRIUNFOS ESTE DOMINGO 8 DO ORZÁN SD SUB-21 EN TERCERA FEDERACIÓN E DO ORZÁN SD JUVENIL EN PRIMERA AUTONÓMICA
Semana de parón ligueiro para o Dépor ABANCA, que retomará a competición o domingo 15 de novembro ás 12:15 ante o Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso de A Coruña.As Nosas lideran a táboa en Segunda Federación con 21 puntos polos 18 do segundo clasificado, o Real Oviedo.En canto ao resto de categorías, este domingo 8 de novembro xóganse 2 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 impúxose por 2-1 ao Tomiño FC na Torre, resultado que deixa as orzanistas na 6ª posición con 16 puntos.Tamén neste escenario, o Orzán SD Xuvenil, 2º clasificado na Primera Autonómica, goleou o Bergantiños CF B (10-0).Pola súa banda, este sábado 7 foi a quenda das cadetes e infantís.Así, o Orzán SD Cadete venceu ao CD As Pontes (10-0) e o Orzán SD Infantil B ao Xallas FC (10-0); mentres que como visitante o Orzán SD Infantil A dobregou ao CF Batallador SD (0-11).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Tercera Federación9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 2 (Sara Prego e Sonia Barbeito) - TOMIÑO FC 1Primera Autonómica9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 10 (Carla Álvarez -2-, Marta Moreno -3-, Valentina Fernández, Daniela Arrojo, Yaiza Domínguez, Lía Blanco e Mishelle Calviño) - BERGANTIÑOS CF B 0Liga Gallega cadete5ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Yaiza Domínguez -4-, Lorena Anastase -2-, Lara Vázquez, Alexia Quintela e María López-Perales -2-) - CD AS PONTES 0Liga Gallega infantil4ª xornada, grupo A: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Mencía Queijas -3-, Iris Ríos, María Navaza -3-, María Fandiño, Ariadna Arroyo, Daniela Mingo e Catalina Seoane)4ª xornada, Grupo B: ORZÁN SD INFANTIL B 10 (Julieta Márquez -2-, Miley Anrango -3-, Nahiara Otero -3-, Clara García e Stephany Fernández) - XALLAS FC 0

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 8 ...

Alberto Rodríguez cre que a clave pasa por "ser moi nós en AB...

Inmerecida derrota por 2-1 do Fabril en Getxo ante o Arenas C...

Este luns 9 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

O Dépor ABANCA xógase este luns 9 de novembro ás 21.00 horas ...

Leo Román asegura que "este equipo é unha familia" e cre que ...