
DÉPOR ABANCA · 8 NOVEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ CRE QUE A CLAVE PASA POR "SER MOI NÓS EN ABANCA-RIAZOR"
Alberto Rodríguez admitiu este domingo 8 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center que o horario do choque ante o Valencia CF Femenino deste luns 9 de novembro ás 21:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR "é máis difícil pero espero que os deportivistas comecen a sentir o que queremos ser ou o que xa estamos sendo. E iso anime a xente a vir a ABANCA-RIAZOR a gozar e, como o outro día, a botarnos unha man para conseguir os 3 puntos".Do conxunto valencianista lembra que "acaba de cambiar de adestrador e acaba de conseguir a primeira vitoria na última semana de competición. Agardamos un rival con moita enerxía, moi perigoso a balón parado porque así o din os números; pero temos adestradas as situacións de xogo que a elas lles benefician e trataremos de levar o partido ao noso terreo".Finalmente cre Alberto Rodríguez que as claves do choque pasan por "ser moi nós mesmas en ABANCA-RIAZOR. Levamos unha serie de encontros na casa nos que, malia que non chegaba a vitoria, fixemos bos partidos e tivemos boas dinámicas de xogo".Pide ante o Valencia CF Femenino "asentarse axiña no encontro e ter esas secuencias que a nós tanto nos gustan, ser un equipo agresivo e coa pelota xestionar as situacións de xogo como mellor nos convén a nós".

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con tr...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 8 ...

Inmerecida derrota por 2-1 do Fabril en Getxo ante o Arenas C...

Este luns 9 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

O Dépor ABANCA xógase este luns 9 de novembro ás 21.00 horas ...

Leo Román asegura que "este equipo é unha familia" e cre que ...