
CANTERA · 8 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 8 DE NOVEMBRO CON INMERECIDO CASTIGO PARA O FABRIL
A inxusta derrota do Fabril co Arenas Club, este domingo 8 de novembro no Municipal de Fadura e cuxos mellores momentos podes ver ao pé da noticia, foi o partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA.Os fabrilistas quedan con 11 puntos na 18ª posición da táboa.Manuel Pablo apunta as claves do encontro: "Non estivemos acertados en ataque e non soubemos xogar estes últimos minutos nos que houbo situacións para ser contundentes en defensa. Dubidamos entre despexar ou intentar xogar".
Ademais, o Cadete goleou o ED Val Miñor Nigrán (7-0) e o San Tirso SD Cadete non puido puntuar ante o CD Conxo Santiago (0-1).Este sábado 7 de novembro disputouse o resto da xornada.Na casa venceu o Infantil ao Ural Español CF (6-1); e fóra da casa o Xuvenil A en Lugo cun gol de Miguel de Labra no minuto 90 (0-1) e o San Tirso SD Infantil en Oroso (0-1).Pola súa parte, o Xuvenil B caeu en Salceda de Caselas ante o Escola de Fútbol DSF (2-0).Na Torre entraron en xogo con vitoria o Alevín A ante o Atlético Coruña Montañeros CF (0-2), o Fabril FC Alevín fronte ao Orillamar SD (1-14), o Benxamín A ante o Atlético Coruña Montañeros CF (1-7) e o Fabril FC Benxamín fronte ao Atlético Castros (2-8).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Primera Federación11ª xornada: ARENAS CLUB 2 - FABRIL 1 (Noé)

Categoría xuvenilDivisión de Honor, 9ª xornada: CD LUGO 0 - XUVENIL A 1 (Miguel de Labra)Liga Nacional, 10ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2 - XUVENIL B 0Categoría cadeteDivisión de Honor, 9ª xornada: CADETE 7 (Asier Valverde -2-, Adrián Fernández, Íker Obeso, Carlos Ernau e Hugo Ferreiros -2-) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0División de Honor, 9ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - CD CONXO SANTIAGO 1Categoría infantilDivisión de Honor, 9ª xornada: INFANTIL 6 (Alejandro Astray, Yago Fernández -3-, Hugo Pardo e Iago Pita) - URAL ESPAÑOL CF 1División de Honor, 9ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Jorge Víboras)

Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 8ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 2 (Nico Castro e Manu Parada)Primera Futgal A Coruña, 8ª xornada: ORILLAMAR SD 1 - FABRIL FC ALEVÍN 14 (Saúl Gómez -3-, Pablo Campanero -2-, Leo Díaz -2-, Nico Mariño, Mateo Ramos, Tomás Sánchez, Hugo Cancela, Xosé Varela, Hugo Cancela e Ian Lata)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 8ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - BENXAMÍN A 7 (Jaime Fraga -2-, Álex Martínez -2-, Juan Crujeiras, Anxo Fernández e Hugo Brea)Primera Futgal A Coruña, 8ª xornada: ATLÉTICO CASTROS 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Hugo Fernández -3-, Teo Barreiro -2-, Rene Grefa, Hugo Calvo e Matías Wolfswinkel)

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con tr...

Alberto Rodríguez cre que a clave pasa por "ser moi nós en AB...

Inmerecida derrota por 2-1 do Fabril en Getxo ante o Arenas C...

Este luns 9 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

O Dépor ABANCA xógase este luns 9 de novembro ás 21.00 horas ...

Leo Román asegura que "este equipo é unha familia" e cre que ...