
DÉPOR · 25 AGOSTO 2025
Á VENDA A PARTIR DO MARTES AS ENTRADAS DE PÚBLICO PARA O CD LEGANÉS - RC DEPORTIVO DESTE LUNS 1 DE SETEMBRO ÁS 21:30 EN BUTARQUE
Desde mañá, martes 26 de agosto, están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida de La Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo este luns 1 de setembro ás 21:30 no estadio de Butarque ante o CD Leganés na 3ª xornada de LaLiga Hypermotion.Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o CD Leganés envíe as entradas.O club madrileño asignou un total de 254 localidades na bancada visitante ao prezo de 25 euros. 102 destas serán xestionadas pola Federación de Peñas.A data límite será o xoves 28 de agosto ás 13:30. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.Se non podes asistir á OAD no horario citado, podes enviar un correo electrónico á dirección [email protected].

Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...