
DÉPOR · 4 AGOSTO 2025
Á VENDA AS ENTRADAS DE PÚBLICO PARA O TROFEO TERESA HERRERA DESTE SÁBADO 9 DE AGOSTO EN ABANCA-RIAZOR
Xa están á venda as entradas de público para os partidos deste sábado 9 de agosto en ABANCA correspondentes ao Trofeo Teresa Herrera: 13ª edición feminina (17:00) entre o Dépor ABANCA e SC Braga e a 80ª masculina entre o Dépor e o Le Havre AC (20:00).Os abonados e abonadas do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné.Os prezos para o público oscilan entre os 20 euros de Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior e Preferencia Inferior; e os 15 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, e nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes o mesmo día do trofeo desde as 15:00 horas e até as 21:00 horas.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...